smBolsa flexible e de forma esférica, que se incha de aire ou dun gas lixeiro e que se emprega como xoguete.
smObxecto esférico de vidro ou doutro material transparente ou difusor que recobre unha lámpada, destinado a repartir e a difundir a luz ou a cambiar a súa cor e que tamén lle serve de protección.
smIMAXEspazo en branco que se utiliza nos cómics, chistes ou gráficos, para conter as palabras e as expresións dos personaxes.
AERON
globo aerostáticoAeróstato sen motor que consiste nun receptáculo que contén un gas máis lixeiro ca o aire en condicións normais, que se eleva por mor da forza ascensional e que pode ir provisto dun habitáculo para levar tripulantes ou instrumentos.
globo sondaGlobo libre non tripulado que se emprega para rexistrar datos da atmosfera.
globo celeste/estelarASTRONEsfera que ten representadas na súa superficie, nunha posición semellante á que ocupan no espazo, as principais estrelas, constelacións e os círculos fundamentais.
globo ocularFISIOLÓrgano da vista nos animais superiores. OBS: Tamén recibe a denominación popular de bugallodoollo.
globo terráqueo/terrestreXEOGRepresentación cartográfica da Terra sobre unha esfera.