garavanzo

Pliral: garavanzos
  1. s m PLANTA Planta herbácea anual, da familia das papilionáceas, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos.
  2. s m BOT Semente desa planta.
  3. mosca do garavanzo ANIMAL/ENTOM Pequeno díptero moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo.

Formas incorrectas

garabanzo