ganglio

< lat ganglĭon gr γάγγλιον
Pliral: ganglios
  1. ANAT
    1. s m Engrosamento natural de tecido de forma, tamaño e estrutura variable que pode ter lugar en calquera parte do corpo.
    2. ganglio linfático Masa de tecido linfoide que se sitúa sobre todo o traxecto linfático. Os ganglios linfáticos teñen unha función hematopoética, fagocitaria e hemolítica.
    3. ganglio nervioso Masa de tecido nervioso que contén corpos celulares neuronais que se rodean dunha cápsula de tecido conectivo.
  2. s m PAT Tumor cístico que se forma nos tendóns e nos músculos, próximo ás articulacións.