alumina

< lat alūmen, -ĭnis ‘alume’
Pliral: aluminas
  1. s f QUÍM Sólido de dureza moi elevada que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Emprégase na fabricación de aluminio e na obtención de abrasivos, refractarios, pezas de cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores.
  2. alumina activada QUÍM Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente.
  3. QUIM/IND alundo.
  4. alumina hidratada QUÍM Calquera dos hidratos de alumina.
  5. xel de alumina Hidróxido de aluminio coloidal, que con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes que se utilizan en medicina contra a acidez gástrica.

Palabras vecinas