Espazo arquitectónico interior sostido por arcos ou columnas, ás veces con vidreiras aos dous lados ou nun só.
Balcón cerrado con vidreiras construído na fachada exterior dunha casa, que ten a súa orixe nos balcóns, solainas e galerías abertas características da arquitectura tradicional galega do s XVII.
sfCamiño subterráneo escavado para o acceso á explotación dunha mina.
sfMARBalcón que se abría na popa dos navíos sobre a prolongación das cubertas. Nas unidades de tres cubertas había dous balcóns, un correspondente á camara alta e outro á do medio.
ARTE
sfColección de pinturas e outras obras de arte, que poden ser públicas (mostran as obras cun fin expositivo) ou privadas (buscan a venda da obra exposta).
galería de arteEstablecemento público, xeralmente de carácter privado, dedicado á exhibición e á venda de obras de arte.
sfLugar destinado ao público en certos espectáculos.
sfXEOGBanda alongada de vexetación diferenciada que segue a ribeira dun río ou outro accidente do relevo.
galería de tiroBÉLLugar pechado, longo e rectilíneo, a miúdo subterráneo, que está acondicionado para efectuar traballos experimentais de investigación teórica e técnica relacionados coa fabricación e o disparo das armas de fogo.