gagauz -za

Pliral: gagauces Masculino: gagauz Masculino plural: gagauces Femenino: gagauza Femenino plural: gagauzas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo gagauz.
  2. s ETN Individuo do pobo gagauz.
  3. s m pl ETN Pobo de orixe turca que se estableceu no N do mar Caspio e no mar Negro, entre o Volga e o Danubio cara ao s XI. No s XIII formaron un estado independente sometido ao emperador bizantino e no s XV pasaron a formar parte do Imperio Otomán. As súas comunidades esténdense por Moldavia, Ucraína, Bulgaria e Romanía. Dedícanse á agricultura e á gandaría.
  4. s m LING Lingua altaica que fala o pobo gagauz, que emprega unha variante do alfabeto cirílico na escrita.

Palabras vecinas