gabia

< lat cavĕa
Pliral: gabias
  1. s f Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos ou levantar un valado.
  2. s f
    1. Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.
    2. CONSTR/ENX Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.
  3. s f
    1. Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.
    2. Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.
  4. s f Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.

Sinónimos

Citas

  • Abriron unha gabia para plantar novas vides
  • Fixeron unha gabia na entrada da casa para que non chegase a auga das fortes chuvias
  • Quédanlle catro gabias por vendimar

Frases hechas

  • Cavar a gabia. Cavar a suco ancho.

Formas incorrectas

gábea, gávea

Palabras vecinas