fuso

< lat fusu
Pliral: fusos
  1. s m TÉXT
    1. Barra pequena redonda de madeira que vai adelgazando desde o medio ata os extremos e que serve, no fiado á man e impulsada cos dedos, para torcer o fío ou enrolalo a medida que se fía.
    2. Barra pequena xiratoria destinada a torcer ou enrolar un fío ou soster unha bobina ou un carrete que roda mentres se enrola o fío.
  2. s m Peza fusiforme con rosca en espiral de madeira ou de ferro que serve de eixe en determinados aparatos como o muíño, a prensa ou o lagar.
    1. s m MAT Porción dunha superficie de revolución comprendida entre dous planos meridianos.
    2. fuso horario METROL Cada un dos vinte e catro fusos convencionais en que se dividiu a Terra para a unificación da hora internacional.
  3. fuso acromático/ mitótico BIOL Estrutura citoplasmática que se estende entre dous citocentros e onde se insiren e orientan os centrómeros ou os cromosomas enteiros durante a mitose ou a meiose.

Frases hechas

  • Beber coma un fuso. Beber moito.
  • Dereito coma un fuso. Expresi
  • Teso coma un fuso. Expresi