fundación

< lat fundatĭōne
Pliral: fundacións
  1. s f Acción de fundar.
  2. s f Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.
    1. s f DER Organización pública ou privada, sen finalidade lucrativa, constituída por persoas físicas ou xurídicas para a realización de obxectivos de interese xeral.
    2. RELIX Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.