alto -ta

Pliral: altos Masculino: alto Masculino plural: altos Femenino: alta Femenino plural: altas
  1. adx Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.
  2. adx Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro elemento de comparación.
  3. adx Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.
  4. adx Que ten moita intensidade.Tm adv.
  5. adx Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.
  6. adx Aplícase ao lugar onde nace o río.
  7. adx Que é característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe.
  8. s m Parte alta dunha montaña.
  9. s m Dimensión que acada un obxecto ou persoa que resulta vertical na súa posición normal.
    1. s m pl Parte alta dalgunhas cousas.
    2. altos e baixos Desigualdades na altura dun terreo ou dun camiño.
  10. adx COMUN Aplícase á radiofrecuencia comprendida entre 3 MHz e 30 MHz segundo o convenio internacional.
  11. adx COMUN Aplícase á frecuencia empregada nas transmisións radiofónicas, en contraposición á baixa frecuencia.
  12. adx MÚS Que é agudo, con máis vibracións por segundo.
  13. alta fidelidade TECNOL Reprodución do son practicamente igual ao programa.
  14. alta mar Lugar lonxe da costa desde onde non se albisca a ribeira.