fume

< lat fumu
Pliral: fumes
    1. s m QUÍM Aerosol formado por partículas carbonosas sólidas dispersas nun gas.
    2. tubo de fumes TECNOL Tubo por onde circulan os gases de combustión nas caldeiras de vapor e noutros aparatos calefactores.
  1. s m apor visible que exhalan os líquidos ou corpos húmidos máis quentes ca o aire do ambiente.
  2. s m pl Sentimento de fachenda, de orgullo ou altivez que mostra alguén.

Citas

  • Colleu moitos fumes des que o ascenderon na empresa
  • Non era quen de comer o guiso porque aínda botaba fume

Frases hechas

  • A fume de carozo. Con moita rapidez.
  • Botar fume. Estar moi enfadado.
  • Facer fume sen lume. Promover algo sen causa.
  • Facer lume sen que se vexa o fume. Facer algo caladamente.
  • Fume de pallas. Aquilo que dura moi pouco.
  • Irse todo en fume. Quedar en nada algo no que se ti
  • Ser todo fume. Ser todo aparencia.

Refranes

  • Fume, pingueira e muller lareteira botan o borne da casa á carreira.
  • O fume vaise ao fumeiro e alí faise o preguiceiro.
  • O fume, a goteira e a muller brava botan o borne fóra da súa casa.
  • O fume, a pingueira e a muller paroleira, botan o borne da casa, queira ou non queira.

Formas incorrectas

fumo

Palabras vecinas