adxRelativo ou pertencente a Frisia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
sNatural ou habitante de Frisia.
sm plETN/HISTPobo de orixe xermánica instalado desde a Antigüidade nas costas do mar do Norte, entre a boca do Rin e a península de Xutlandia.
smLINGLingua xermánica que se divide nas variedades frisón occidental, falado no N dos Países Baixos, frisón oriental, que se fala en certos redutos do antigo Oldenburg, e frisón setentrional, na illa de Helgoland, na costa de Slesvig ao N de Husum e nas illas da mesma costa ata Sylt.