frecuencia

< lat frequentĭa
Pliral: frecuencias
  1. s f
    1. Repetición dun acto, feito ou suceso.
    2. Número de veces en que algo se repite.
  2. MAT
    1. s f Cociente nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo entre o efectivo dun valor concreto do carácter, ou dunha clase de valores, e o número de individuos que integra a mostra.
    2. s f Cociente f, nunha serie de N repeticións dunha experiencia en que se estuda a realización ou non realización dun suceso A, entre o número de sucesos en que A ten lugar e o número total de sucesos.
    3. frecuencia acumulativa Suma das frecuencias dos valores do carácter, nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo.
  3. FÍS
    1. s f Número de períodos ou ciclos completos por unidade de tempo nun proceso periódico. A unidade de frecuencia é o hertz.
    2. frecuencia angular [&#969;] Produto da frecuencia dun fenómeno alterno sinusoidal polo factor 2π, ω=2πf. Exprésase en radiáns/segundo. OBS: Tamén se denomina pulsación.
    3. frecuencia de corte Frecuencia, nun filtro, para a que a magnitude de saída sofre unha atenuación.
    4. frecuencia de resonancia Frecuencia en que a capacitancia é igual á indutancia, nun circuíto RLC.
    5. frecuencia intermedia Frecuencia resultante da mestura do sinal recibido co do oscilador local e que é igual á diferenza das dúas frecuencias, nos receptores superheterodinos.
    6. frecuencia lateral Frecuencias que aparece simetricamente a cada lado da portadora cando esta está modulada.
  4. frecuencia modulada COMUN Modalidade de emisión por radio en que a onda portadora se modula ao variar a súa frecuencia baixo a acción da onda acústica.

Citas

  • A frecuencia de saída é dun autobus cada hora
  • Enfema con frecuencia