sfEngano consciente co que se prexudica a outro en beneficio de quen o realiza.
sfCousa de mala calidade ou que defrauda.
sfDERAcción contraria á lei ou aos dereitos que dela se derivan, coa intención de tirar un proveito a custa do Estado ou doutros.
sfDERIntención de prexudicar a alguén ou de aproveitarse dun erro seu en beneficio propio, tanto no momento de celebrarse un acto ou contrato como durante a súa execución.
sfDERAcción de falsear as declaracións ao fisco ou de cometer actos maliciosos en prexuízo deste, coa intención de eludir as obrigas fiscais.
fraude de acredoresDERNegocio xurídico que pode ser obxecto de rescisión cando o debedor priva aos seus acredores da posibilidade de satisfacer os seus créditos.
fraude de lei/á leiDERAcción realizada ao amparo do texto dunha norma encamiñada a obter un resultado contrario a dereito.