franco

< fr franc
Pliral: francos
  1. s m ECON Unidade monetaria de Burundi, Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Chad, Comores, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Lietchtenstein Madagascar, Mali, Níxer, Rwanda, Senegal, Suíza, Togo, Djibuti e as colonias francesas da Polinesia.
  2. NUMIS
    1. s m Unidade monetaria principal de Francia establecida formalmente en 1795 pola Convención Nacional, cunha equivalencia de 5 g de prata, que se empregou tamén como moeda de curso legal en Mónaco e Andorra. Foi substituído polo euro en 2002 e o seu cambio ofi  cial co euro fixouse en 6,5595.
    2. s m Moeda francesa de ouro, cuñada por primeira vez en 1360, cun peso arredor de 4 g e o valor dunha libra tornesa.
    3. s m Moeda francesa de prata creada por Enrique III en 1575, cun peso de 12 a 14 g e o valor dunha libra tornesa.
    4. s m alor monetario establecido a finais do s XVIII equivalente a unha libra tornesa, cuxa diminución orixinou o franco francés.
    5. franco belga Unidade monetaria de Bélxica desde 1832. Foi substituído polo euro en 2002.
    6. franco luxemburgués Unidade monetaria de Luxemburgo. Foi substituído polo euro en 2002.