fractura

< lat fractūra
Pliral: fracturas
  1. s f Acción e efecto de fracturar.
  2. PAT
    1. s f Rotura dun óso por diversas causas.
    2. fractura aberta Fractura en que hai unha comunicación entre os focos da fractura e unha ferida da pel.
    3. fractura articular Fractura en que a liña de rotura chega ata o interior da articulación.
    4. fractura completa Fractura que comprende todo o groso do óso, de xeito que este queda dividido en dous ou máis fragmentos.
    5. fractura subcutánea Fractura sen ferida exterior que comunica coa lesión ósea.
  3. s f XEOL Rotura dunha rocha que se produce cando se traspasa o límite de plasticidade da rocha.
  4. s f
    1. Lugar por onde algo rompe.
    2. XEOL Superficie por onde rompe un mineral.

Confrontaciones