fracción

< lat tardío fractĭōne, de frangĕre ‘romper’
Pliral: fraccións
    1. s f Parte que se separa dun todo.
    2. s f XEOL Parte dun solo onde os compoñentes están comprendidos entre uns límites de magnitude determinados.
    3. s f QUÍM Produto que se obtén polo fraccionamento dunha mestura.
    4. fracción mecánica XEOL Parte que queda dunha mostra de solo unha vez extraídos a materia orgánica, os carbonatos e os sales solubles.
    5. fracción molar [x] QUÍM Fracción de moles dun determinado compoñente dunha mestura ou disolución sólida, líquida ou gasosa que está contida nun mol desa mestura ou disolución.
    1. s f Acción de romper ou romperse algo.
    2. fracción do pan RELIX Expresión que significa a manifestación da eucaristía.
  1. MAT
    1. s f Expresión da forma n/m, onde n e m, denominados respectivamente numerador e denominador, son elementos dun dominio de integridade, coa condición m?0.
    2. s f Número racional, elemento do corpo N.
    3. fracción decimal Fracción ordinaria en que o denominador é unha potencia de 10.
    4. fracción impropia Fracción ordinaria co numerador máis grande ca o denominador.
    5. fracción ordinaria Fracción n/m onde n e m son números enteiros.
    6. fracción periódica Fracción que ten unha expresión decimal que contén unha cifra ou un grupo de cifras, denominadas período, que se repiten indefinidamente.
    7. fracción propia Fracción ordinaria co numerador menor ca o denominador.
    8. fracción racional Fracción en que o numerador e o denominador son polinomios.

Confrontaciones