formigón

< formigo
Pliral: formigóns
  1. s m CONSTR Material que se utiliza en construción, formado por grava, area, cemento pórtland e auga.
  2. formigón armado CONSTR Formigón composto por unha estrutura interna metálica destinada a resistir esforzos de tracción e flexión que o formigón normal non pode aguantar.
  3. formigón en bruto CONSTR Formigón no seu estado natural unha vez que se lle retirou o encofrado.
  4. formigón hidráulico CONSTR Formigón no que se empregou cal hidraúlico.
  5. formigón lixeiro CONSTR Formigón de pouca densidade que se elabora a base de materiais porosos ou inxectado no seu interior con burbullas de aire, que se emprega para estruturas lixeiras.
  6. formigón prefabricado CONSTR Formigón en que os seus compoñentes foron mesturados na fábrica ou noutro lugar antes de ser aplicados na obra.
  7. formigón pretensado/tensado CONSTR Formigón armado que tivo a súa estrutura metálica sometida a tensións para contrarrestar as producidas polas cargas a que se lle somete e evitar así as posibles fendas.