adxfigAplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.
smParte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.
smEspazo que separa a parte máis alta da máis baixa dalgunha cousa.
smDistancia que hai entre a parte anterior e posterior de algo.
smParte esencial ou fundamental de algo.
smSuperficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.
smParte máis interna dun lugar oposta á entrada.
sm
Cor uniforme sobre a que se destaca outra.
ARTECampo dun soporte, ou o soporte mesmo, sobre o que se realiza unha pintura ou un debuxo.
ARTEPlano de cor sobre o que destacan os demais.
smConxunto de calidades morais dunha persoa.
sm
Conxunto de obras publicadas por unha editorial.
Conxunto de elementos documentais que ingresan nun arquivo, biblioteca ou museo, procedentes dunha determinada orixe e que forman un corpo á parte, dentro dun conxunto superior.
ANAT
smRexión dun órgano que se sitúa na parte máis interna ou máis afastada da súa entrada, no caso dunha estrutura oca.
fondo do estómagoParte do estómago onde está o cardia.
fondo do olloParte central da retina.
fondo do úteroParte superior do útero.
DEP
smCapacidade de resistencia física dun deportista no exercicio da súa especialidade.
probas de fondoProbas deportivas, especialmente carreiras, que se practican sobre longas distancias.
smARTE
Escenario sobre o que se organiza a representación do asunto nunha composición pictórica.
Derradeiro plano dunha representación.
smMARParte dunha embarcación que queda debaixo da auga.
ECON
sm plCapital do que pode dispoñer unha persoa física ou xurídica.
smCantidade de diñeiro reunida para realizar determinadas actividades económicas.
fondos de amortizaciónParte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina á amortización do capital fixo.
fondos de comercioalores que se atribúen aos activos inmateriais dun establecemento comercial, como a situación, a clientela ou a reputación, e que se engaden ao valor dos activos materiais á hora da valoración do establecemento.
fondos de investimentoInstitucións de investimento colectivo con personalidade xurídica propia que teñen por obxecto a propiedade compartida de activos con fins lucrativos.
fondos de pensiónsPatrimonio acumulado por un conxunto de persoas coa finalidade de pagar prestacións aos seus participantes cando se xubilen na forma, cantidade e periodicidade que previamente teñan establecido.
fondos de reservaParte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina a gastos específicos, como novos investimentos e previsión de impostos.
fondos públicosTítulos ou efectos da débeda pública emitidos polo Estado ou por outra entidade de carácter público, que son negociados en bolsa.
fondos reservadosDiñeiro do que dispoñen algunhas instancias das administracións públicas para gastos non xustificados.
sm plParte exterior e inferior dun vehículo.
sm plParte ou bordo inferior dunha peza de roupa.
fondo mariñoXEOGSuperficie sólida, cunha profundidade superior aos 2.000 m, sobre a que está ou circula a auga do mar.