smPunto onde nace ou procede algo e desde o que se expande a diversos puntos.
smPunto que é centro de atención ou dunha actividade.
smTECNOL
Obxecto que contén unha ou máis lámpadas de gran potencia e que concentra moita intensidade de luz sobre un lugar concreto.
Aparato ou lámpada eléctrica a pilas da que parte un feixe de raios luminosos.
FÍS
smPunto onde converxen os raios dun feixe de radiacións.
foco imaxePunto onde converxen os raios de luz que incidiron sobre o sistema de maneira paralela ao eixe óptico.
foco obxectoPunto onde converxen os raios de luz que, despois de atravesar o sistema, son paralelos ao eixe óptico.
smMATPunto que presenta unha distancia a calquera dos puntos dunha curva que se pode expresar como función racional das coordenadas do punto.
smESPECTAparato que consiste nunha carcasa metálica, redonda ou rectangular, na que se instala unha lente e un espello reflector, e que conta cunha abertura nun dos seus extremos, pola que sae a luz.
foco infecciosoPATLocalización, en calquera parte do organismo, onde se forman colonias de microbios que determinan trastornos tóxicos.