focal

< foco
Pliral: focais
    1. adx Relativo ou pertencente ao foco.
    2. distancia focal dunha cónica MAT Distancia desde o centro dunha cónica ata un dos focos.
    3. distancia focal imaxe FÍS Distancia que hai nun sistema óptico do punto principal imaxe ata o foco imaxe.
    4. distancia focal obxecto FÍS Distancia que, nun sistema óptico, vai do punto principal obxecto ata o foco obxecto.
    5. eixe focal dunha cónica MAT Eixe de simetría da cónica que contén o fondo ou os focos.
  1. s f FÍS Recta sobre a que se apoian os raios dun feixe luminoso.
  2. focal curta IND/ARTE Obxectivo da lonxitude focal máis curto ca a diagonal do formato da película que se está a empregar.

Citas

  • Hai que calcular a distancia focal deste sistema óptico

Palabras vecinas