fluído -da

< lat fluĭdu
Pliral: fluídos Masculino: fluído Masculino plural: fluídos Femenino: fluída Femenino plural: fluídas
  1. adx Aplícase á materia en estado líquido ou gasoso.
  2. adx
    1. Que flúe facilmente.
    2. Que se realiza facilmente, sen problemas.
  3. adx FÍS Aplícase ao sistema material, líquido ou gasoso, composto por moléculas que se moven libremente no seu interior con pouca ou ningunha cohesión, o que lles permite adoptar a forma do recipiente que as contén. Tm s m.
  4. fluído activo TECNOL Fluído que proporciona o traballo necesario no funcionamento de calquera máquina que produce movemento.

Citas

  • O leite desnatado é máis fluído có leite gordo
  • O pedagogo tenta desenvolver o pensamento fluído dos cativos
  • Pedían unha persoa cun inglés fluído, O tránsito pola cidade é fluído os domingos e festivos