fluencia

< fluír
Pliral: fluencias
  1. s f Acción e efecto de fluír.
  2. s f
    1. FÍS Deformación lenta experimentada por un corpo sometido a unha carga durante un tempo determinado.
    2. CONSTR Deformación experimentada polo asfalto debida a temperaturas elevadas e ao paso frecuente de cargas de tránsito importantes.
    3. TECNOL Deformación á que se someten certos materiais elásticos cando chegan ao límite do comportamento elástico sen un aumento apreciable do esforzo de atracción.
  3. límite de fluencia TECNOL alor do esforzo de tracción no que comeza a presentarse o fenómeno de fluencia nun material.