fletán

< fr flétan
Pliral: fletáns
  1. s m ANIMAL/ICT Peixe mariño, da familia dos pleuronéctidos, de corpo plano e asimétrico, de boca grande e terminal, cos ósos farínxeos provistos de dentes fortes e aletas pectorais desiguais.
  2. fletán común ANIMAL/ICT Peixe, de cor entre verde oliva e acastañada escura, que se caracteriza por presentar a liña lateral formando unha curva pronunciada por riba das aletas pectorais.
  3. fletán negro ANIMAL/ICT Fletán, de cor entre acastañada, negra ou negra azulada, que se caracteriza por presentar a aleta lateral cunha pequena inflexión na súa parte anterior.