flaxelo

< flagellu
Pliral: flaxelos
  1. s m Tira de coiro longa, ou doutro material, con mango, que se emprega para flaxelar.
  2. s m fig Aquilo que causa desgrazas, calamidades ou dor física e moral.
  3. s m BIOL Prolongación celular filiforme, longa e contráctil, semellante a un látego, que se pode atopar illada ou en pequenos grupos e que serve como órgano de locomoción nalgúns tipos de células.
  4. s m ENTOM Parte da antena dos insectos que segue aos dous primeiros artellos, escapo e pedicelo.

Sinónimos

Citas

  • Os penitentes da procesión golpeábanse co flaxelo