flamengo -ga

Pliral: flamengos Masculino: flamengo Masculino plural: flamengos Femenino: flamenga Femenino plural: flamengas
    1. adx Relativo ou pertencente a Flandres,  aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. s ETN/HIST Individuo pertencente a Flandres.
    3. s m pl ETN/HIST Grupo de habitantes da rexión N de Bélxica, de lingua flamenga, que recibiron este nome a partir da loita pola salvación da súa cultura tras a constitución do estado belga en 1830.
    4. s m LING Lingua que se fala no N de Bélxica, recoñecida polo estado belga en 1873.
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave acuática do xénero Phoenicopterus, da familia dos fenicoptéridos, que presenta pescozo e patas longas, ás grandes e cola curta, de plumaxe rosa ou vermella, coas plumas remeiras negras, e membranas interdixitais. Para alimentarse filtran a lama do fondo grazas á acción combinada da lingua e das proxeccións do peteiro. Poden acadar ata os 50 anos e viven en colonias de ata varios milleiros de individuos.