alongamento

< alongar
Pliral: alongamentos
  1. s m Acción e efecto de alongar ou alongarse.
  2. s m Afastamento ou distancia que se produce con respecto a unha determinada referencia.
  3. s m AERON Cociente entre o cadrado da envergadura e a superficie da á dunha aeronave.
  4. s m LING Aumento da duración dunha realización fonemática producida por algunhas causas regulares e normalmente relacionadas co ton, intensidade e énfase emotiva.
  5. TECNOL
    1. s m Propiedade que teñen determinados materiais de alongarse cando están sometidos a cargas ou esforzos de tracción.
    2. alongamento de rotura alor de alongamento no instante de producirse a rotura.
    3. alongamento elástico Alongamento producido na zona de deformación elástica, onde se cumpre a proporcionalidade entre cargas e deformacións e onde desaparece o alongamento cando cesa a tracción.
    4. alongamento plástico Alongamento medido unha vez superado o límite elástico, a partir do que se produce unha deformación permanente.

Sinónimos

Citas

  • O alongamento da corda permitiunos rescatalo con vida
  • O alongamento dos seus pais producía nel un profundo pesar
  • Por mor do alongamento do concerto suspenderon outras actividades