Forma exterior dun corpo que o individualiza e distingue doutros.
Aspecto exterior dunha persoa.
sf
Representación dunha forma, especialmente a humana, mediante o debuxo, a pintura ou a escultura.
Debuxo que ilustra o texto dun libro.
sfPersoa que destaca nunha determinada actividade.
sfPersonaxe dunha obra dramática ou épica.
sfESPECTConxunto de evolucións que forman parte dunha danza.
sfFILOS
Cada un dos catro tipos de siloxismo que existe segundo o lugar que ocupe o termo medio nas premisas.
Cada un dos recursos gráficos empregados por R. Llull para facer patentes aos sentidos as realidades intelectuais e espirituais.
MAT
sfConxunto de puntos, de liñas e de superficies empregado para representar corpos ou ben para ilustrar un teorema ou un problema.
figura xeométricaPorción do plano ou do espazo limitada por liñas ou superficies.
figuras congruentesFiguras que coinciden ao superpoñerse.
figuras equivalentesFiguras que teñen a mesma área.
figuras homotéticasFiguras que se poden transformar a unha na outra mediante unha homotecia.
figuras semellantesFiguras que se poden transformar a unha na outra mediante unha semellanza.
figuras simétricasFiguras que se poden transformar a unha na outra mediante unha simetría.
sfCada unha das cartas da baralla que teñen debuxada unha persoa ou un animal, é dicir, o cabalo, a sota e o rei de cada pau.
sfMÚS
Signo da notación musical, denominado normalmente nota, que mediante a forma e a cor, branca ou negra, indica a diferente duración do son ao que corresponde.
Grupo de notas que forman un motivo ou o núcleo dun motivo musical.
sfLITForma do discurso que modifica a expresión do pensamento.
sfLINGCada un dos elementos do signo lingüístico, en glosemática, que, en número reducido, serven para construír a lingua, sistema infinito de signos.
sfHERÁLDCarga ou obxecto heráldico colocado no campo dun escudo de armas.
figura de corrosiónFÍSDepresión que se forma sobre as caras dun cristal ao tratalo cun reactivo apropiado, durante un tempo mínimo.
figura etimolóxicaLINGProcedemento sintáctico polo que un verbo rexe un substantivo da súa mesma raíz ou dun significado relacionado co seu.