fidelidade

< lat fidelĭtāte
Pliral: fidelidades
  1. s f Calidade de fiel.
  2. s f TECNOL Característica dun aparato electrónico relativa á súa capacidade de reproducir diferentes sinais sen introducir ningunha distorsión.
  3. s f MAT Calidade das estimacións estatísticas segundo sexa máis ou menos grande o acordo entre os valores obtidos ao longo dun conxunto de experiencias feitas en condicións determinadas, e que se expresa mediante o erro tipo.
  4. s f BOT
    1. Grao de preferencia dun taxon por unha comunidade vexetal determinada.
    2. Presenza exclusiva dun taxon nunha comunidade vexetal.
  5. xuramento de fidelidade HIST Xuramento relixioso que o vasalo lle facía ao señor.

Citas

  • A fidelidade do retrato fai que un crea que é unha fotografía, A fidelidade aos seus amigos mostrábaa con cada acción realizada

Refranes

  • -Fillos, das túas bragas; bois, das túas vacas.
  • A máis non poder, déitate coa túa muller.
  • Á muller casada o seu home lle abasta, se é muller honrada.
  • A muller e a besta, que a empreste quen queira.
  • Á muller e ao souto abóndalles cun dono.
  • Nin ollo en allea carta nin man en allea barba.