fibrose

< fibra + -ose
Pliral: fibroses
  1. s f Proceso de formación de tecido fibroso.
    1. s f PAT Tipo de dexeneración caracterizada por un aumento ou unha neoformación anormal de tecido conxuntivo acompañada dun endurecemento.
    2. fibrose pulmonar PAT Engrosamento fibroso da parede alveolar que impide a difusión de osíxeno e provoca a aparición dunha insuficiencia respiratoria progresiva, acompañada de dispnea, cianose e outros síntomas.
    3. fibrose quística PAT Afección metabólica hereditaria que se transmite de forma autosómica recesiva e que se caracteriza pola anormalidade das secrecións das glándulas exócrinas.
    4. fibrose retroperitoneal PAT Inflamación crónica do espazo retroperitoneal que engloba, sen invadilos, os uréteres, os vasos linfáticos e os vasos retroperitoneais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Ormond.