ferro

< lat fĕrru
Pliral: ferros
  1. QUÍM
    1. s m Elemento da táboa periódica, de peso atómico 55,84 e número atómico 26. É moi abundante e está presente en toda a materia viva xa que é esencial para manter a vida. É un metal extremadamente dúctil, tenaz e maleable a temperatura ordinaria, pero desprovisto de elasticidade. É ferromagnético, cunha permeabilidade magnética moi elevada.
    2. óxido de ferro(III) [Fe 2 O 3 ] Sesquióxido moi abundante na natureza e que se utiliza para puír o vidro ou as armas.OBS: Tamén se denomina óxido férrico.
    3. sulfato de ferro(II) hidratado [Fe(SO 4 )·7H 2 O] Sal que se presenta en forma de cristais verdes e que se emprega como redutor. OBS: Tamén se denomina sulfato ferroso hidratado ou vitriolo verde.
    4. sulfato de ferro(III) [Fe 2 (SO 4 ) 3 ] Sal que dá solucións de cor laranxa e que que se emprega para depurar as augas industriais e as redes de sumidoiros. OBS: Tamén se denomina sulfato férrico.
  2. s m Obxecto ou instrumento de ferro.
  3. s m BÉL
    1. Arma de fío.
    2. Punta metálica de certas armas.
  4. ferro de pasar TECNOL Prancha metálica que serve para quitarlle as engurras á roupa.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Baixaron os cabalos do monte para poñerlles o ferro
  • O ferro dese coitelo está enfeluxado
  • Rachou a saia cun ferro

Frases hechas

  • De ferro. Que

Formas incorrectas

prancha (para a roupa)