smSegundo mes do ano que conta con vinte e oito días nos anos comúns e vinte e nove nos bisestos.
Refranes
A castaña e o besugo en febreiro están en zugo.
Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino.
Come máis un día de sol en febreiro, que cantos cabalos ten o reino.
En febreiro bo é o obreiro, e mellor ao derradeiro.
En febreiro saca o boi do teu centeo.
En febreiro sae o oso do oseiro.
Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se dura máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño• no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ao pregoeiro.
Febreiriño febras dá e, se non as dera, xa as dará.
Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Febreiro curto cos seus días vinteoito, se duras máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no burato.
Febreiro curto cos seus días vinteoito, se duras máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no burato.