smFILOSConcepción filosófica segundo a cal todo é inevitable e polo tanto fatal, de tal xeito que no mundo e na vida humana todo está xa escrito de antemán polo destino.
smActitude da persoa que asume esa doutrina e non atopa a posibilidade de cambiar o seu destino.
Refranes
A desgracia que ha de vir, non pode fuxir.
Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a egua.
Cada un nace para o que é.
Cada un nace para o que ha ser.
Este mundo así o topamos e así o ternos que deixar.
O paxariño que se ha perder, ás lle han de nacer.
O paxaro que se ha perder, ás lle han nacer.
O porco que é para o lobo, non hai san Antón que o garde.
O que a ser pobre está condenado tanto lle ten correr como estar sentado.