fascismo

< ital fascismo
Pliral: fascismos
  1. s m HIST/POLÍT
    1. Sistema político instaurado en Italia pouco despois da Primeira Guerra Mundial por Benito Mussolini, baseado nunha estrutura corporativa de carácter totalitario e nacionalista, e que tivo como trazos definidores o antiliberalismo, o antimarxismo e o anticapitalismo.
    2. Ideoloxía que inspira o sistema político instaurado en Italia por Mussolini.
  2. s m Actitude autoritaria, arbitraria e violenta, coa que unha persoa se impón a un grupo.