farruco -ca

< hispanoárabe farrúğ ‘polo, galo novo’?
Pliral: farrucos Masculino: farruco Masculino plural: farrucos Femenino: farruca Femenino plural: farrucas
  1. adx Que amosa arrogancia, atrevemento e insolencia na forma de comportarse ou nos seus ditos.
  2. adx Que mostra unha actitude persistente ante unha idea ou forma de actuar.
  3. adx Aplícase á persoa que para a idade que ten atópase forte, con saúde e bo aspecto.
  4. adx Que actúa ou mostra moita fachenda e satisfacción de si mesmo.

Citas

  • Cando se pon farruco e mellor deixalo só e non discutir con el
  • O rapaz púxose tan farruco na clase que tiven que castigalo durante unha semana
  • O seu avó aínda está ben farruco para ir á leira
  • O vello paseaba todo farruco do brazo daquela moza