fantoche

< fr fantoche ital fantoccio
Pliral: fantoches
  1. s m Boneco articulado que se move con fíos e co que se representan farsas teatrais.
  2. s m Persoa que presume do que non ten ou do que non é.
  3. s m Persoa con pouca personalidade e que se deixa influenciar facilmente polos demais.
  4. s m HERÁLD Busto humano, xeralmente monstruoso, sen brazos e con cornos, empregado como cimera.

Citas

  • É un fantoche que só fala dos cartos que non ten
  • Será un fantoche se se deixa gobernar pola nai