falso -sa

< lat falsu
Pliral: falsos Masculino: falso Masculino plural: falsos Femenino: falsa Femenino plural: falsas
    1. adx Que non se corresponde coa realidade.
    2. falso testemuño DER Delito que consiste en violar o deber de veracidade que teñen obriga de observar as testemuñas e os peritos nas súas declaracións ante os xuíces e tribunais.
  1. adx Que imita algo coa intención de enganar.
  2. adx
    1. Que é enganoso porque é contrario ao que é en realidade.
    2. Aplícase á cabalaría que dá couces sen que a fustriguen.
  3. adx Aplícase a un nome que non é propiamente o que designa senón que se semella moito.
  4. adx Que realiza as funcións daquilo que imita.
  5. adx Aplícase ao elemento que suple a falta de forza ou dimensións nunha arquitectura.
  6. s m BIBLIOT Documento realizado de xeito intencionado que non corresponde a un acto xurídico auténtico.
  7. falsa unión IND/ARTE Efecto óptico polo que se visualiza unha parte dun obxecto detrás doutro, dando a impresión de que están unidos.
  8. falso amigo LING Palabras de diferentes linguas que son semellantes entre si na etimoloxía e na forma, mais non no significado.
  9. falso bordón MÚS Procedemento de canto polifónico empregado a partir do s XIV, que consiste nunha sucesión de terceiras e sextas enmarcadas por acordes de oitavas e de quintas.
  10. falsos de chancelaría HIST Documentos que cumpren todas as formalidades pero que se realizaron en contra da vontade do seu autor.

Citas

  • As noticias falsas logo se divulgan, O aviso de incendio era unha falsa alarma
  • Non confies nel que é moi falso
  • Non pises aí que o chan parece que está falso
  • Non te achegues á burra que é falsa
  • O eucalipto conta con falsas follas ou filodios
  • Un falso tabique separaba as dúas estancias
  • Vendéronlle un cadro falso

Frases hechas

  • En falso 1Con falsidade. Ex: Xurou en falso.
  • 2 Sen a segururidade adecuada. Ex: Constru
  • 3 De forma superficial. Ex: Curoulle a ferida en falso.