faena

< cat antigo faena, ‘o que se ten que facer’
Pliral: faenas
  1. s f
    1. Traballo físico ou mental que alguén ten que realizar.
    2. Cousas que alguén ten que realizar.
    3. Conxunto de operacións que fai o toureiro co touro.
  2. s f Acción que prexudica a alguén.

Sinónimos

Citas

  • As faenas agrícolas requiren moita man de obra
  • Ese rapaz fíxome unha boa faena
  • O día da festa sempre teño moita faena

Palabras vecinas