facer

< lat facēre
  1. v t Dar forma a algo material colocando os elementos de que se compón de xeito adecuado.
  2. v t Realizar, efectuar ou levar a cabo unha acción ou actividade.
  3. v t Dar existencia a algo que se elabora mentalmente.
  4. v t Desenvolver as accións necesarias para resolver ou encontrar a solución de algo.
  5. v t Provocar ou obrigar a que suceda ou se execute algo.
  6. v t
    1. Ocasionar ou provocar un efecto ou consecuencia.
    2. Causar un dano ou prexuízo a alguén.
  7. v t
    1. Ter unha determinada idade.
    2. Ter lugar o cumprimento exacto de certo tempo.
  8. v t Supor ou imaxinar algo ou a alguén nun determinado lugar ou con determinadas características.
  9. v t Deixar espazo para alguén ou algo.
  10. v t
    1. Finxir alguén ser algo que non é.
    2. Imitar os sons ou algunha outra característica dun animal.
    3. Actuar alguén simulando algo que non é verdade.
  11. v t Representar un papel ou unha función.
  12. v t Adaptar ou acostumar o corpo a unha determinada situación ou actividade.
  13. v t Proporcionar algo determinadas calidades a unha cousa.
  14. v t Percorrer un espazo ou distancia determinada.
  15. v t Conseguir ou gañar algo.
  16. v t Dar un determinado aspecto ou aparencia.
  17. v t Deixar algo en testamento.
  18. v t Ir bo ou mal tempo meteorolóxico.
  19. v i Representar un papel ou facer as funcións doutra cousa ou doutra persoa.
  20. v i Procurar ou tratar de conseguir a realización de algo.
  21. v i Actuar ou proceder dunha determinada maneira.
  22. v pron Converterse ou evolucionar algo ou alguén.
  23. v pron Adaptarse ou acostumarse a unha situación determinada.
  24. v pron Resultar ou parecer algo a alguén dunha determinada maneira.

Sinónimos

Citas

  • Antes era cociñeiro pero agora non sei que fai
  • As cousas non se fan soas
  • Cambiou o neno porque xa fixera caca
  • Cos teus e mais os meus xa fan vinte euros
  • Despois de vivir uns anos na India fíxose budista
  • Ela fai o parvo para non traballar, Fai o xordo cada vez que o chama o pai
  • Esa noticia fíxoa moi feliz, O peixe fíxome mal, Ese muro faille sombra ás plantas
  • Esa rapaza fáiseme unha cara coñecida
  • Ese rapaz fíxolle moitas a seu pai
  • Ese unto fará un bo caldo
  • Eses lentes fante máis nova, O tempo fíxoa máis seria
  • Este ano fará terceiro de ESO
  • Este ano farei unha viaxe a Ribadeo, Sempre fai o que quere, Non fagas burla de min, Fíxome acenos para que pasara
  • Este ordenador fai un run run moi raro, O neno pasa o día a facer miau coma os gatos
  • Este rapaz fai o número catro na lista
  • Eu facíate en China, Facíao máis alto e guapo
  • Fai a cama e se che dá tempo fai tamén as maletas
  • Fixen por chegar pero non puiden, Fixo por salvalo pero foi imposible
  • Fixeron moitos edificios nos últimos anos, Fixo o niño no campanario
  • Fixo a súa fortuna en Venezuela, Fixen moitos amigos nese traballo
  • Fixo de policía na película, Na obra de teatro a caixa facía de televisión
  • Fixo mal invitándoa á festa
  • Fixo sitio no dormitorio para o moble novo
  • Fíxolle o piso e a casa da aldea á filla
  • Fíxose o xordo para non axudarnos
  • Fíxose veterinario en catro anos
  • Hai xa oito anos que fixen esa obra, Farei ese papel con moitas ganas
  • Mañá fai un ano que non vén pola nosa casa
  • Naquela época fixo as súas mellores cancións
  • Nese bar fan un cocido boísimo
  • Non apagues o lume que o peixe aínda non se fixo
  • Non fago o corpo a traballar tantas horas
  • Nun día fixeron máis de 40 km, Ese monte xa o fixen hai anos
  • O neno fai moi ben o porco
  • O viño fíxose vinagre, Farase vello esperando as túas desculpas
  • Onte fixo bo tempo pero hoxe xa fai malo
  • Onte fixo os sesenta
  • Os meus ollos fixéronse pouco a pouco á luz, Fíxose en seguida a vivir soa
  • Para a voda farei as cellas e a manicura
  • Por fin fixen o encrucillado, Fixo os problemas antes que o profesor
  • Por non saudarme fixo que non me vía
  • Sempre me fai dicir o que non quero, Fíxolle comer todo
  • Subo andando ata o sexto e así fago perna

Frases hechas

  • Facela boa. Causar un grave problema ou desorde.
  • Facer a comedia. Disimular.

Refranes

  • Ben ou mal feito, o que fagas faino ao dereito.
  • Cada un faí como quen é.
  • Cada un fai das súas.
  • Cada un faí segundo é.
  • Cousas baí que son para velas, moito mellor que para feitas.
  • Facer cada día unha e rogar a Deus por outra.
  • Faí o que sabe e non sabe o que faí.
  • Máis fácil é desfacer que facer.
  • Non hai feita sen desfeita.
  • O feito ben agarda o por facer.
  • O que fixo e desfixo, bota de canta que nada fixo.
  • Obrar moito e falar pouco.
  • Se non fas o que queres, fai o que podes.

Palabras vecinas

Verbo: facer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

fago

fas

fai

facemos

facedes

fan

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

facía

facías

facía

faciamos

faciades

facían

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

fixen

fixeches

fixo

fixemos

fixestes

fixeron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

fixera

fixeras

fixera

fixeramos

fixerades

fixeran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

farei

farás

fará

faremos

faredes

farán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

faría

farías

faría

fariamos

fariades

farían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

faga

fagas

faga

fagamos

fagades

fagan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

fixese

fixeses

fixese

fixesemos

fixesedes

fixesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

fixer

fixeres

fixer

fixermos

fixerdes

fixeren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

fai

-

-

facede

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

facer

faceres

facer

facermos

facerdes

faceren

Gerundio

facendo

Participio

feito

feita

feitos

feitas