extracción

< lat extractĭōne
Pliral: extraccións
  1. s f
    1. Acción e efecto de extraer.
    2. MED Operación cirúrxica consistente en retirar un corpo estraño, unha substancia patolóxica, un órgano enfermo ou unha parte deste.
    3. MAT Cálculo da raíz dun número.
    4. IND Acción de traer á superficie os minerais obtidos nunha mina.
  2. s f FÍS Emisión de electróns producida polo impacto dun electrón primario incidente.
  3. s f QUÍM Proceso de transferencia de materia entre dúas fases inmiscibles baseada na diferenza de solubilidade das substancias, que permite a separación das mesturas sólidas, líquidas ou disoltas mediante un tratamento cun disolvente.

Citas

  • Son xente de extracción humilde