extinción

< lat extinctĭōne
Pliral: extincións
  1. s f Acción e efecto de extinguir ou extinguirse.
  2. s f DER Cesamento dos efectos dun acto ou dunha relación xurídica, ou da posibilidade de que se produzan se aínda non comezaran a facelo.
  3. extinción de especies ECOL Desaparición total dalgunha especie por causas naturais ou humanas.
  4. extinción interestelar ASTRON Redución do brillo dos astros causada basicamente polo po interestelar.
  5. extinción lingüística LING Proceso de desaparición dunha lingua, que ten lugar cando unha lingua desaparece completamente por presión doutra.