expresión

< lat expressĭōne
Pliral: expresións
  1. s f Acción de expresarse.
  2. s f
    1. Maneira de expresarse mediante a linguaxe.
    2. Palabra, conxunto fixo de palabras ou locución.
  3. s f Conxunto de signos visibles, xeralmente os da cara, que manifestan o carácter ou estado anímico de alguén.
    1. s f Facultade de manifestar o pensamento e o estado psíquico.
    2. expresión corporal PEDAG Medio de expresión que ten no corpo o seu eixe central de significación, creación e comunicación.
    3. expresión dramática ESPECT Medio de expresión que ten no xogo de papeis un dos eixes básicos da interpretación, entendido como un proceso de creación e construción de personaxes.
    4. expresión plástica PEDAG Manifestación do individuo que utiliza algunha materia sensible para se expresar.
    5. expresión teatral ESPECT Medio de expresión, creación e comunicación que se caracteriza pola comunicación entre un actor e un espectador e que constitúe, coa expresión dramática, o elemento fundamental do feito teatral.
    6. expresión xestual ESPECT Medio de expresión que ten no xesto e na postura, dous dos seus elementos máis singulares e característicos.
  4. s f LING
    1. Calquera enunciado que, segundo a gramática xenerativa, emprega o falante como unha unidade comunicativa, en oposición á frase, que funciona como unha unidade gramatical.
    2. Significante ao que, segundo a escola glosemática, se lle atribúe unha substancia e unha forma.
  5. expresión matemática MAT Feito xeral, regra ou principio, expresado mediante cadeas de símbolos matemáticos.

Citas

  • Coñece algunhas expresións de uso moi frecuente nas Rías Baixas
  • Malia que é estranxeiro, a súa expresión é bastante fluída
  • Ten sempre unha expresión ausente