exposición

< lat expositiōne
Pliral: exposicións
  1. s f
    1. ARTE Mostra de obras de arte que pode ser periódica, que comprende todos os tipos de arte, e extraordinaria, que adoita presentarse como un monográfico.
    2. Manifestación pública organizada de produtos agrícolas, industriais, científicos ou artísticos para promover a produción, o comercio e a cultura, e, ao mesmo tempo, estimular o interese público.
    1. s f Acción de expoñer.
    2. exposición automática IND/ARTE Sistema empregado en fotografía, que permite medir a luz e controlar a abertura e a velocidade de obturación para conseguir un nivel adecuado de exposición.
  2. s f CLIMAT Orientación dunha vertente respecto á incidencia dos raios solares ou á circulación dos ventos dominantes.

Citas

  • As exposicións prolongadas ao sol poden resultar nocivas
  • Non vimos toda a exposición porque eran máis de mil cadros