excéntrico -ca

< ex- + céntrico
Pliral: excéntricos Masculino: excéntrico Masculino plural: excéntricos Femenino: excéntrica Femenino plural: excéntricas
  1. adx
    1. Que se desvía ou afasta do centro.
    2. Que non ten o mesmo centro ca outra cousa.
    1. adx Que se afasta do comportamento común. Tm s, referido a persoa.
    2. adx Que é propio dun excéntrico.
  2. TECNOL
    1. adx Aplícase á peza que xira arredor dun eixe que non pasa polo seu centro.
    2. mecanismo de excéntrica Mecanismo de transmisión de movemento entre dous elementos ríxidos, en que o elemento condutor transmite ao conducido un movemento alternativo de translación ou de rotación segundo unha lei determinada.
  3. s m ASTRON Cada un dos círculos imaxinarios sobre os que, segundo algunhas teorías xeocéntricas, se moven os astros arredor da Terra.

Confrontaciones

Citas

  • Debuxei dúas circunferencias excéntricas
  • Ese rapaz ten un gusto moi excéntrico para vestir
  • Os concertos dese músico tan excéntrico son imprevisibles
  • Por esa zona están os barrios excéntricos da cidade