Substancia que proporciona aos seres vivos enerxía e materias primas para a formación e reparación dos tecidos e os compostos químicos indispensables para o bo funcionamento e regulación dos mecanismos vitais.
Aquilo que acotío se come e bebe nun tempo determinado.
Aquilo que serve para manter unha cousa.
sm plDERPrestación económica que determinadas persoas están legalmente obrigadas a cumprir con familiares próximos co fin de que poidan cubrir as necesidades mínimas de subsistencia.
Citas
A leña é o alimento do lume, Servir de alimento á curiosidade, Dar alimento a un vicio, a unha pasión
O pan é o noso alimento diario
Refranes
A barriga manda á perna.
A bos e malos mantén a cidade.
A burro vello, pouco verde.
A cabalo cansado mudarlle o prado.
A carne carne cría; e os peixes, auga fría.
A galiña non pon do galo senón do papo.
A galiña non pon polo galo senón polo papo.
A galiña polo bico pon.
Antes o pan có viño e antes o touciño có viño.
Antes pan que viño, antes viño que touciño e antes touciño que liño.
As galiñas así poñen, como comen.
As galiñas, como comen, poñen.
Besta sen cebada nunca fixo boa cabalgada.
Burro vello tamén quere a súa cebada.
Cada boca quere a súa sopa.
Cebada do día non faí a cabalería.
Come, nena, e criarte has; come, vello, e vivirás.
Comendo ben, o traballo non mata a ninguén.
Crían bo sangue o pan, o viño e a carne.
Gato que non come, marre.
Gran a gran a galiña mantense no inverno e no vran.
Máis mantén pan duro que figo maduro.
Non pon a galiña senón a fariña.
O bo viña cría bo sangue.
O burro do vilán é mulo no verán.
O home mantido estira o frío.
O lume é media mantenza; e enriba da cea, mantenza enteira.
O mellar penso do cabalo está no olla do amo.
O que mal pensa, cánsalle a besta.
O viña dá forzas e a auga quítaas todas.
O viña é o leite dos vellos.
O viña é o sangue dos vellos.
Pacen os poldros o mesmo uns que outros.
Para vianda fría, estómago quente.
Quen se mantén de pan, moi mal mantido non vai.
Tanto andamos, como comemos.
Un saco baleiro non se ten dereito.
Viña acedo, touciño vello e pan centeo sosteñen a casa en peso.
Vivirás longamente, se comes moito caldo e andas sempre quente.