etiqueta

< fr étiquette
Pliral: etiquetas
  1. s f Identificativo incluído en distintos obxectos en que se imprime o nome do produto, as súas características e outras especificacións técnicas.
  2. s f Conxunto de maneiras e comportamentos propios dunha ocasión solemne.
  3. s f Sinal de identidade que se lle atribúe a alguén.
  4. INFORM
    1. s f Conxunto de datos que compoñen unha información na linguaxe HTML.
    2. etiqueta de rede Normas que se recomendan seguir para o comportamento responsable nos distintos ámbitos da Internet.

Citas

  • Atribuíronlle a etiqueta de irascible debido aos seus cambios de humor
  • Na voda os asistentes lucían rigorosa etiqueta
  • Non lle quites a etiqueta ao pantalón por se hai que devolvelo

Frases hechas

  • De etiqueta. De gala.