estrutura

Pliral: estruturas
  1. s f Disposición das partes ou dos órganos dun ente, substancia ou corpo.
  2. s f CONSTR Conxunto de elementos resistentes dunha edificación tendo en conta a súa configuración e disposición, que se determinan pola maneira de soster e construír a cuberta e os teitos das plantas que ten.
  3. s f TECNOL Configuración dun dispositivo electrónico.
  4. s f MED Constitución e disposición dos elementos que compoñen os órganos ou os corpos vivos.
  5. s f QUÍM Ordenación que presentan os átomos dentro da molécula.
  6. estrutura alxébrica MAT Conxunto en que se definiron unha ou máis relacións binarias ou leis de composición.
  7. estrutura cristalina FÍS Distribución espacial dos elementos que forman cristais constituíndo en conxunto un edificio cunha enerxía libre moi pequena.
  8. estrutura dramática ESPECT Forma en que se estruturan os compoñentes do drama.
  9. estrutura económica ECON
    1. Conxunto de elementos e de relacións de interdependencia que, con certo grao de permanencia, caracterizan unha situación económica dada.
    2. Rama da economía que analiza as relacións entre as magnitudes económicas nun lugar e momento determinados, sen inducir ningunha lei económica xeral, feito que corresponde á análise económica.
  10. estrutura en grande escala ASTRON Distribución de galaxias e doutras formas de masa en escalas de grandes distancias, que cobren centos de millóns de anos e máis.
  11. FÍS
    1. estrutura fina Desdobramento dun nivel de enerxía a causa da interacción spin-órbita.
    2. constante de estrutura fina Constante fundamental adimensional que mide a interacción dunha partícula cargada co campo electromagnético. O seu valor é α=7,2973506×10 -3 .
  12. estrutura global XEOL Conxunto de características que permiten dividir a Terra en diferentes partes.
  13. estrutura petrográfica XEOL Relación entre os compoñentes dunha rocha, dada pola disposición e o tamaño dos minerais, as descontinuidades internas ou a foliación.
  14. estrutura profunda LING Nivel ou aspecto da linguaxe que, na gramática xenerativa, determina a interpretación semántica da oración, en oposición á estrutura superficial, que determina a súa forma fonética.
  15. estrutura sedimentaria XEOL Estrutura característica dun proceso que ten lugar normalmente durante a deposición dos sedimentos, ou pouco tempo despois.
  16. estrutura tectónica XEOL Disposición e características xerais das masas rochosas dunha rexión xeolóxica causada polos procesos de deformación.

Formas incorrectas

estructura