estribo

Pliral: estribos
  1. s m
    1. Cada unha das pezas de metal, madeira ou coiro nas que o xinete pon o pé cando cabalga.
    2. Peza que, a modo de chanzo, serve para subir ou baixar nalgúns vehículos.
  2. s m ANAT Pequeno óso situado na parte máis interna do oído medio dos mamíferos.
    1. s m Peza coa que se aseguran trabes ou se ligan dúas pezas de madeira.
    2. estribo de pendulón CONSTR Abrazadeira de ferro que suxeita o tirante co extremo inferior do pendulón.
  3. s m Peza que serve de apoio.

Sinónimos

Citas

  • A carruaxe levaba estribos que axudaban a baixar
  • Apoiou o pé no estribo para mover a pedra de afiar
  • Subiu ao cabalo poñendo o pé no estribo

Frases hechas

  • Perder os estribos. Perder o dominio dun mesmo actuando de xeito irreflexivo e incontrolado.