sfAstro de gran volume que brilla con luz propia, cunha intensidade que varía segundo a estrela.
estrela ananaEstrela de magnitude absoluta débil. Pode ser branca, se ten unha elevada temperatura superficial, ou vermella, se ten unha temperatura superficial baixa.
estrela binaria/dobreEstrela múltiple constituída por dúas estrelas formadas ao mesmo tempo e que orbitan arredor dun centro de gravidade mutuo, en que a materia dunha das estrelas é despoxada e atraída cara a outra estrela que aparece colapsada, feito que produce a emisión de raios X.
estrela da mañáNome común que recibe o planeta Venus.
estrela de neutrónsEstrela hiperdensa, con máis de mil millóns de toneladas por centímetro cúbico, que está composta por un gas de neutróns dexenerados.
estrela evolucionadaEstrela próxima á fin da súa vida, cando a maioría do seu combustible está esgotado.
estrela fugazFulgor rápido de luz no firmamento causado por unha partícula que procede do espazo que arde por fricción ao entrar na atmosfera.
estrela múltipleSistema físico constituído por dúas ou máis estrelas que xiran arredor dun centro de gravidade común.
estrela polar/do norteEstrela da constelación da Osa Menor, situada a unha distancia dun grao do polo norte do hemisferio celeste.
estrela T-TauriEstrela moi nova, caracterizada por extensas e violentas execcións da súa masa que xa fusiona o hidróxeno, pero non contan cun equilibrio entre a presión gravitatoria e a enerxética.
estrela variableEstrela con brillo variable no tempo, que pode ir desde unhas poucas centésimas a máis de 20 magnitudes en períodos que van dunha fracción de segundo a anos, segundo o tipo de estrela.
estrela xiganteEstrela que ten unhas dimensións dun centenar de veces ás do Sol, de cor amarela ou vermella.
sf
Figura formada por un conxunto de puntas ou raias que parten dun centro e coa que convencionalmente se trata de representar unha estrela.
BÉLInsignia de grao militar.
NUMISContramarca habitual nas moedas españolas da Idade Contemporánea.
sfForza descoñecida que supostamente determina o que lle acontecerá a cada persoa.
sfPersoa que destaca na súa profesion, especialmente un deportista ou un artista.
estrela de DavidHISTEstrela de seis puntas que se converteu en símbolo do xudaísmo no s XVI.
estrela de marANIMALestrelamar.
Citas
Con dous triángulos debúxase unha estrela de seis puntas
Converteuse nunha estrela do vodevil, O seu bo xogo fixo del unha estrela do tenis
Naceu con mala estrela e nunca ten sorte
Un hotel de tres estrelas, Mercou un frigorífico de dúas estrelas
Frases hechas
Deitarse coas estrelas. Ir para a cama xusto despois de anoitecer.
Erguerse coas estrelas. Erguerse da cama entre noite e d
Nacer con estrela. Ter sorte na vida.
Ter boa estrela. Sa
Ver as estrelas. Sentir unha dor moi forte e intensa.