LITManeira particular dun autor ou orador de expresar o pensamento na linguaxe oral ou escrita.
ARTECarácter propio das obras dun artista.
Conxunto de características orixinais que distinguen unha escola, período artístico, nación ou época determinada, e que permiten identificar e individualizar esas obras.
Xeito ou maneira de actuar ou comportarse característica e distintiva dunha persoa ou colectividade.
Gusto, elegancia ou distinción que manifesta unha persoa ou cousa.
smBOTProlongación filiforme do ovario que sostén o estigma. Pode ser único ou pode haber tantos estilos como carpelos.
smDEPConxunto de xestos ou formas que definen unha maneira concreta e regulamentada de executar un exercicio deportivo ou participar nunha competición.
smPunzón co que na Antigüidade se escribía nas táboas enceradas.
smGnomon ou agulla dun reloxo de sol.
LING/LIT
estilo directoReprodución literal das palabras doutra persoa, sen introducir cambios gramaticais.
estilo indirectoReprodución non literal das palabras doutra persoa, introducida mediante un subordinante, xeralmente que.